Mpbrion's Blog

Outro blog máis…

Archive for Xaneiro 2010

Modelo OSI

leave a comment »

1. Breve historia.

O modelo OSI xurdiu co fin de promover a creación dunha serie de estándares que especificaran un conxunto de protocolos que foran independentes do fabricante que o implantara. A organización que o propuxo foi o estándar ISO basándose no modelo de IBM o SNA.

2. Ventaxas e inconvenientes.

Ventaxas:

  • Definición teórica do modelo de arquitectura de rede.
  • Facilita a comprensión ao dividir un problema complexo en partes máis simples.
  • Simplifica o aprendizaxe.
  • Os cambios dunha capa non afectan as demais capas e estas poden evolucionar máis rápido.
  • Evita os problemas de incompatibilidade.

Inconvintes:

  • Chegou demasiado tarde.
  • Redundante.  Levan a cabo funcións similares en distintas capas.
  • Non existe un equilibrio entre as funcións que realizan as capas, estando algunhas de elas sobrecargadas e outras apenas fan nada.

Ler o resto desta entrada »

Written by mpbrion

18 Xaneiro 2010 at 21:17

Publicado en Redes

Novas de Actualidade

leave a comment »

Artigos relacionados coa nova: “Google Versus China”:

Artigos relacionados coa nova: “Lei antidescargas”:

Opinión persoal:

Ámbalas novas supoñen un recorte das liberdades das persoas e son un claro exemplo de censura. O caso de China é máis flagrante, o “goberno” pretende, con estes ataques, adoctrinar ainda máis a súa poboación, facer que non teñan a capacidade de acceder á información e así evitar que haxa voces disidentes. A información é poder.

O caso español tamén me parece un recorte de liberdades ainda que non tan extremo como o chino.

    Written by mpbrion

    18 Xaneiro 2010 at 21:15

    Publicado en Redes

    Conceptos básicos Unidade 3

    leave a comment »

    • Porto : Identificador de aplicación. Indica que aplicación debe tratar os datos que lle chegan á máquina.
    • Comunicacións Orientadas á Conexión: Controla a transmisión de datos durante unha comunicación establecida entre dúas máquinas. Desta forma o equipo receptor envía acuses de recepción durante a comunicación, polo que, o equipo remitente é responsable da validez dos datos que está enviando.
    • Comunicacións Non Orientadas á Conexión: Comunicación entre dous puntos finais dunha rede nos que unha mensaxe pode ser enviada dende un punto final a outro sen acordo previo.
    • Conmutación de Mensaxes : Tecnoloxía baixo a cal as mensaxes non son fragmentadas para a  súa transmisión.
    • Conmutación de Paquetes : Indica que o que viaxa pola rede non é máis que fragmentos de mensaxes máis grandes (paquetes) e que estes son conmutados (forma de establecer o camiño) mediante nodos intermedios.
    • ATM: (Asynchronous Transfer Mode) : Técnica de enviar os paquetes fragmentados ou divididos de tal forma que ao chegar ao ROUTER, este tan só comproba a cabeceira, pero non os datos.

    Ler o resto desta entrada »

    Written by mpbrion

    12 Xaneiro 2010 at 14:00

    Publicado en Redes